Triloxía da Perda
(Primeira Parte)

Fotografía: Rocío Cibes

Fotografía: Rocío Cibes

Fotografía: Rocío Cibes

Fotografía: Rocío Cibes

‘TROMSØ’ de Morraoconto foi, para min, a grande sorpresa no Galicia Escena Pro 2025. Outra maneira de facer e de entender o teatro, por parte da xeración que debe andar entre os trinta e os corenta anos. Beleza da música en directo, beleza dos deseños gráficos e animados e de todo o coidado visual, beleza do movemento, beleza dos diálogos… e toda esa beleza inzada dun humor case absurdo, dunha simpatía limpa, e tamén inzada dunha emoción contida. (…) Pero todo isto non xermola desde a interpretación dalgo externo ou desde a documentación. Este espectáculo non é a investigación e a interpretación deses temas. Non o parece. Pode sentirse que é a decantación dalgo que se foi cocendo a lume lento, algo que estaba aí e que agora sae como un volcán en erupción. Hai verdade e unha estética teatral anovada, sen poses. (…) Unha marabilla!

Afonso Becerra (Erregueté nº109)

SINOPSE

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.

Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura dun lugar onde tirar pola borda esa pena que se alimenta da alma e deixala afundir, dunha vez por todas, na inmensidade azul.

Nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

DIRECCIÓN, TEXTO E DRAMATURXIA_Rafa Martínez                                 DIRECCIÓN COREOGRÁFICA E DE MOVEMENTO_Esther Latorre                            INTÉRPRETES_Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga
AXUDANTE DE DIRECCIÓN_Clara Martín  MÚSICA EN DIRECTO_Julia Ammerman, Lucía Iglesias  ESPAZO ESCÉNICO_MORRAOCONTO, José Faro «Coti»  DESEÑO DE VESTIARIO_MORRAOCONTO, Ana Gesto  DESEÑO DE  ILUMINACIÓN_José Faro “Coti”     VOZ EN OFF_Lidia Veiga    MÁSCARAS_Rafa Rey Domech     ANIMACIÓNS, DESEÑO E IMAXE GRÁFICA_Rafa Martínez       CÁMARA, CORRECIÓN DE COR_Román Sanín

PRODUCE_MORRAOCONTO, Xunta de Galicia  COLABORA_Concello de Ames, Concello de Santiago, Concello de Vimianzo, Concello de Arzúa, CEMMA Cetáceos  AGRADECEMENTOS_Alfredo López (CEMMA Cetáceos), Roberto Salgueiro, Ana Gesto, Manu Lago, Paula Quintas, Edu Iglesias, Pilar Martínez, Sheyla Fariña, Mani.

TROMSØ, de Rafa R. Martínez

O volume contén as pezas O silencio, de Elena Santiago, texto gañador do Premi Born en 2024, na tradución ao galego de Afonso Becerra, e Tromsø, de Rafa R. Martínez, posta en escena pola compañía Morraoconto. É un volume dobre, con dobre portada, seguindo o deseño da colección de dramaturxia da erregueté. 

    CONTIDO MULTIMEDIA

TROMSØ: Crítica no Diario Cultural

por Afonso Becerra

“Un traballo que palpita ao redor da primeira perda dende un lugar poético pero, ao mesmo tempo, moi cómico; cun sentido do humor moi particular. E é nesa mestura onde aparece unha voz propia, orixinal e novedosa. TROMSØ ven con aire fresco, cargado de personalidade. Un espectáculo moi tenro, con todas as capas moi ben armadas no que é moi doado mergullarse nese imaxinario e situarte a ti tamén nese lugar”.

Iria Sobrado (Zig Zag, 17/06/25)

PROXECTO COLABORATIVO CON CEMMA CETÁCEOS

Tríptico A Candorca Ibérica

www.cemma.org

www.orcaiberica.org

error: Contenido con copyright